InicioPolíticaFeijóo propón en Lugo que o Goberno "rescate" Alcoa con parte do...

Feijóo propón en Lugo que o Goberno “rescate” Alcoa con parte do fondo de 10.000 millóns

Insiste en que ten constancia da existencia de posibles compradores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, lanzou desde Lugo unha proposta “explícita” ao Goberno central: ou unha tarifa “viable” da enerxía para as compañías electrointensivas ou que “parte” do fondo de 10.000 millóns de euros para empresas en dificultades que prevé aprobar este venres se destine a “rescatar” a factoría de Alcoa en San Cibrao.

E é que, segundo transcendeu, o Executivo central prevé levar ao Consello de Ministros a creación dun fondo de 10.000 millóns de euros para axudar a firmas problemas de solvencia. Este fondo de “rescate” dependerá da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), adscrita ao Ministerio de Facenda, e permitirá que o Estado entre de forma transitoria no capital de empresas privadas que presenten problemas de solvencia xerados pola crise tras a pandemia do COVID-19.

O PROBLEMA DA TARIFA

Durante un acto electoral do PPdeG sobre industria, no que estivo acompañado do conselleiro de Economía e candidato pola provincia de Lugo, Francisco Conde, Feijóo insistiu en que, se houbese un prezo “competitivo” da enerxía, daría “igual” que os “americanos” abandonasen a factoría de San Cibrao, xa que lle constan “contactos” de compradores interesados en adquirila.

Por iso, tras lembrar que a Xunta impulsará un plan galego que recoñece como sector “esencial e estratéxico” o da industria electrointensiva e propuxo tamén un plan nacional, volveu a pór o foco no Goberno central. “Se non dá resposta a unha tarifa viable, que dedique parte dese fondo de 10.000 millóns para que teña unha participación transitoria mentres non se regula a tarifa e pódese volver pór Alcoa ao servizo dos compradores”, retou.

Xa na pasada xornada, tras a reunión semanal do seu Goberno, Feijóo defendera que el estaría “de acordo” na “nacionalización” da factoría. Pero, iso si, instou o Executivo de Sánchez a que, se vai dar este paso, debe facelo “xa”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...