InicioSociedadeA morte dun septuaxenario no HULA eleva a 22 os falecementos por...

A morte dun septuaxenario no HULA eleva a 22 os falecementos por coronavirus en Lugo

Nas últimas horas, tamén se coñeceu o pasamento dunha usuaria da residencia de Foz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un varón de 75 anos que permanecía ingresado con coronavirus no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) morreu nas últimas horas. A Consellería de Sanidade informa de que o septuaxenario presentaba patoloxías previas.

Con este falecemento, xa serían 22 as vítimas mortais da COVID-19 na provincia de Lugo. Nas últimas horas, tamén se coñecía o pasamento dunha usuaria da residencia de Foz, que estaba illada nunha habitación do centro.

En canto ao número de casos activos, a Consellería de Sanidade ofrecía este mediodía a última actualización de datos que amosaba unha nova baixada na cifra de positivos en Lugo: 589, un menos ca o pasado luns.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...