InicioSociedadeAsí fican os parques de Lugo ante o coronavirus: precintados e baleiros

Así fican os parques de Lugo ante o coronavirus: precintados e baleiros

O Concello tamén decidiu reforzar o cadro de persoal de limpeza para hixienizar o mobiliario urbano, as rúas, os baños públicos...

PUBLICADA O

- Advertisement -

Entre as medidas adoptadas polo Concello de Lugo para frear a propagación do coronavirus, decidiuse pechar todos os parques municipais dende a tarde deste venres.

Así, todos os parques infantís e biosaludables permanecen precintados para impedir o paso. Ademais, co obxectivo de frear os contaxios, o Concello tamén decidiu reforzar a limpeza das rúas, mobiliario urbano, paradas de autobuses… con produtos especiais para hixienizar.

Así e todo, a alcaldesa pide á cidadanía que manteña a calma ante a situación e pide que se actúe con responsabilidade. “Todos e todas o temos que facer, administracións e veciñanza. Frear esta situación debe ser un traballo en equipo. Debemos adoptar as medidas de hixiene e atender ás indicacións das autoridades sanitarias”, sostivo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...