Home Lugo e contorna Lugo Concello de Lugo e o CD Lugo buscan achegar o fútbol aos escolares

Concello de Lugo e o CD Lugo buscan achegar o fútbol aos escolares

0
Concello de Lugo e o CD Lugo buscan achegar o fútbol aos escolares
A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Xuventude, Deporte e Infancia, Damián Carballo, mantiveron unha reunión de traballo co presidente do CD Lugo, Ronald Pablo Baroni Ambrosi, e co vicepresidente e director xeral da entidade, Adrián Alejandro Raguza Vega, para abordar posibles liñas de colaboración entre o Concello e o club.

 

Durante o encontro analizaron diferentes propostas destinadas a reforzar a vinculación do CD Lugo coa cidade e favorecer o achegamento da infancia ao deporte.

 

A primeira das iniciativas conxuntas será que nenos e nenas de Educación Primaria dos centros educativos de Lugo poidan asistir gratuitamente a determinados partidos do equipo, acompañados dunha persoa adulta que tamén accedería de balde.

 

Búscase así achegar o CD Lugo aos escolares da cidade e ofrecerlles a oportunidade de vivir en directo a emoción do fútbol e de animar o equipo que representa a Lugo. Nun momento especialmente ilusionante, co club á fronte da clasificación, o seu traballo e os seus resultados contribúen a levar o nome da cidade máis alá das nosas fronteiras. O Concello quere acompañar ese vínculo entre o club e a cidadanía, achegando as novas xeracións ao deporte e facendo que tamén se sintan parte del.

 

Durante a reunión, o club fixo entrega de camisetas personalizadas á alcaldesa e ao concelleiro de Xuventude, Deporte e Infancia.
+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here