InicioSociedadeAs rúas de Lugo encheranse de mariolas e doutros xogos infantís pintados...

As rúas de Lugo encheranse de mariolas e doutros xogos infantís pintados no chan

O Concello habilitará 60 puntos lúdicos en seis zonas da cidade para contrarrestar o peche dos espazos de lecer. O proxecto está dirixido por un gabinete de psicoloxía e terapia familiar coa idea de que nenas e nenos gocen o máximo posible da súa saída ao exterior, sempre sen caer nas masificacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo habilitará durante os vindeiros días zonas de xogo pintadas nas beirarrúas para as saídas das nenas e nenos. En total, colocaranse 60 puntos de xogo repartidos en seis zonas da cidade para contrarrestar o peche dos espazos de lecer.

Segundo declarou o tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, “trátase de zonas de xogo en movemento, pensadas para xogar co avance do paseo, e non para deterse nelas“. A idea é que as crianzas saquen o máximo rendemento a eses saídas ao exterior e que vaian atopando espazos lúdicos “que poidan fluír cos paseos e eviten as masificacións”. 

Daquela, a área de Mobilidade comezará a habilitar estes puntos a partir deste mércores por toda a cidade, agás na zona Pepri e naquelas partes onde o pavimento sexa de pedra para respectar o patrimonio. As pinturas utilizadas serán de duración limitada para que, cando se retorne á normalidade, o aspecto das rúas sexa o habitual

Rubén Arroxo amosa o plan ‘Tecendo brincadeiras’ para habilitar zonas de xogo nas rúas de Lugo | ALX

O proxecto, baixo o nome de ‘Tecendo brincadeiras‘, está deseñado e dirixido polo gabinete de psicoloxía e terapia familiar de Natalia Garcíaco obxectivo de evitar “frustracións e emocións negativas” nas crianzas durante esta situación tan atípica. Malia o permiso para pasear, as circunstancias seguen sendo moi limitantes e diferentes ás habituais: rúas desertas, tendas pechadas, persoas con máscaras…. 

Todo isto pode xerar un impacto emocional difícil de xestionar, lembran dende o Concello, así que ‘Tecendo brincadeiras’ nace para tentar paliar iso e para crear espazos de evasión. Ademais, recalcan que estes espazos fomentan o acceso igualitario de todas as familias, xa que todos poden desfrutar da rúa nas mesmas condicións independemente dos seus recursos económicos.

ÚLTIMAS

“O Goberno investiu máis de 2.300 millóns de euro na provincia”, di o PSOE de Lugo

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao...

O goberno de Lugo ultima a presentación dos orzamentos para 2025

O goberno local de Lugo ultima a presentación dos orzamentos para este ano, segundo informa...

Lugo contará cun centro de atención integral á saúde mental na antiga sede de Aspnais

O antigo edificio de Aspnais en Lugo pasará a ser un centro de atención...

Detido un veciño de Castro de Rei por ferir o seu compañeiro cun coitelo acusándoo de facer moito ruído

A Garda Civil detivo durante a madrugada deste martes a un veciño de Castro de Rei,...