InicioSociedadeSeguridade Social pecha a súa oficina en Ramón Ferreiro para centralizar o...

Seguridade Social pecha a súa oficina en Ramón Ferreiro para centralizar o servizo

Todos os servizos prestaranse no número 26 da Rolda Músico Xosé Castiñeira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou hoxe que a Tesourería Xeral da Seguridade Social pechará unha das súas oficinas en Lugo para centralizar todos os seus servizos na sede da Dirección Provincial, no número 26 da Rolda Músico Xosé Castiñeira.

A subdelegada indicou que, desta maneira, a Seguridade Social busca “aumentar a eficiencia e operatividade” nas súas instalacións de Lugo, así como mellorar “o servizo prestado aos cidadáns”.

Así pois, este venres 31 de xaneiro, pecha as súas portas a oficina situada na Avenida Ramón Ferreiro, onde prestaban o seu servizo desde hai anos a Administración nº1 e a Unidade de Recadación Executiva nº1 de Lugo.

Ambas unidades estarán operativas a partir do vindeiro luns 3 de febreiro na sede provincial, onde xa funcionan o resto de oficinas de atención ao público. Dada a proximidade destes dous edificios, “non se considera lóxica manter as dúas abertas”, explicou a subdelegada do Goberno.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...