InicioSociedadeSeis anos de queixas para que o Concello limpe a maleza dunha...

Seis anos de queixas para que o Concello limpe a maleza dunha leira privada que se coa na casa anexa

O PP local fíxose eco das queixas deste lugués e critica o "silencio" do goberno local. Úrxelle que "tome cartas" no asunto a pesar de tratarse dunha propiedade privada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño do barrio Feijóo, en Lugo, asegura que leva pedíndolle ao Concello durante anos que limpe as leiras anexas á súa vivenda. Segundo explica, a maleza invadiu ata a parte traseira da súa propiedade, pero dende o goberno local só emiten “un constante silencio” como contestación.

Segundo o grupo municipal do Partido Popular, que se fixo eco desta denuncia, os primeiros escritos presentados polo veciño afectado datan de agosto de 2013, pero despois tiveron réplicas en 2015, 2017 e 2019. Obtiveron “sempre como resposta un silencio demoledor”, mentres “a maleza seguía crecendo e invadía a parte traseira da súa vivenda”.

Por iso, o viceportavoz do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, instou o goberno local “a tomar cartas no asunto”, porque aínda que as leiras son de propiedade privada, o Concello “ten que cumprir coas súas competencias” e corrixir unha situación que se volveu insoportable para este veciño. Ademais, lembrou o elevado “risco de incendio” como consecuencia da “gran acumulación de maleza” na contorna da vivenda.

En todo caso, afirmou que o caso “denunciado hoxe é só un dos moitos” que se están producindo na cidade, porque hai situacións similares na zona das Fontiñas e nas parroquias rurais. “Evidentemente non falamos dun problema xurdido hai uns días. O goberno local leva anos sen cumprir coas súas obrigacións”, lamentou

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...