InicioPolíticaA Xunta adxudica por máis de 12 millóns o Centro Integral de...

A Xunta adxudica por máis de 12 millóns o Centro Integral de Saúde de Galicia

Contémplase un centro de emprendemento tecnolóxico, unha oficina de emprego, un centro de biomasa, unha residencia para a terceira idade, zonas de aparcadoiro e zonas verdes, cun "investimento en todo o ámbito de máis de 30 millóns de euros".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anunciou a licitación do que se converterá no primeiro Centro Integral de Saúde de Galicia, que se localizará no barrio da Residencia, sobre os terreos onde permaneceu durante anos o antigo Hospital Xeral Calde, por máis de 12 millóns de euros.

Vázquez destacou esta “actuación moi ambiciosa, que cambiase por completo o barrio da Residencia”, e confiou en que a finais de ano se poidan comezar as obras do centro integral, que terán un prazo de execución de 20 meses.

O centro contará cunha superficie de máis de 8.000 metros cadrados que contará cun centro de Atención Primaria, outro de fisioterapia, urxencias, saúde mental e base para o 061.

Para a zona contémplase un centro de emprendemento tecnolóxico, unha oficina de emprego, un centro de biomasa, unha residencia para a terceira idade, zonas de aparcadoiro e zonas verdes, cun “investimento en todo o ámbito de máis de 30 millóns de euros”, estimaba Vázquez.

O xerente da Xestión Integrada de Lugo, Ramón Ares, calculou que 21.000 persoas poderían ser atendidas neste centro integral, “osixenando” a atención nos centros da Milagrosa e de Fingoi unha vez rematado.

Ademais a Xunta cederá outros 8.000 metros cadrados ao Ministerio do Interior para que faga alí tamén a nova comisaría.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...