InicioEconomíaA N-540, "a estrada das fochancas do PP" entre Lugo e Ourense

A N-540, “a estrada das fochancas do PP” entre Lugo e Ourense

Esta estrada que une Lugo con Ourense ten treitos que son un auténtico perigo para a circulación. Os socialistas acusan ao PP e aos rexedores de Guntín, Portomarín, Chantada, Carballedo, Taboada e Monterroso de "rirse dos veciños".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Nun tramo de catro quilómetros concéntranse o maior número de fochancas por metro cadrado de Galicia. É a N-540 que une Lugo con Ourense, unha estrada de titularidade estatal que leva anos completamente abandonada.

Tras múltiples denuncias de veciños e asociaciacións, o PP anunciou máis de 20 millóns para esta infraestrutura: 6,6 para mellorar tres treitos; 6 da conservación dos orzamentos estatais (PXE) de 2017; 2 millóns da seguridade viaria do PXE de 2017; 1,5 de emerxencia para bachear e 4 do PXE de 2018. Pero, ese diñeiro non aparece por ningures. O único que se ten feito é tapar algúns buracos nos últimos meses que non amañan a súa situación e a estrada segue sendo a estrada das fochancas de Galicia.

É a denuncia que fai o PSdeG que acusa aos populares e aos rexedores de Guntín, Portomarín, Chantada, Carballedo, Taboada e Monterroso de ser responsables e cómplices desta situación. Por iso, esta formación realizou este venres un acto reivindicativo ao pe desta estrada. Aí estaba o Secretario Xeral do PSOE pola Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, a deputada Socialista no Congreso pola Provincia de Lugo, Margarita Pérez Herraiz, o Senador Socialista pola Provincia de Lugo, Ricardo Varela, o Coordinador coa Comarca do Suroeste da Executiva Provincial Socialista, Rafael García, xunto a voceiros e secretarios do PSOE nos Concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla. Xuntos esixiron “arranxo integral xa da N-540”.

CRÍTICAS AO PP

“O Partido Popular coa complicidade dos Alcaldes de Guntín, Portomarín, Chantada, Carballedo, Taboada e Monterroso estanse a burlar de todos os lucenses, dos seus propios veciños”, denunciou Santos. “Como é posible que se amosen satisfeitos porque se van a pasear as máquinas durante 4 meses pola N-540 para tapar fochancas, cando dende o PP levan prometido máis de 20 millóns de euros para a súa mellora e nada fixeron? Todos se están a rir dos lucenses”, engadiu.

Así, anunciou que o PSOE presentou no Congreso unha proposición non de lei no Congreso para a execución dun Plan de Mellora Integral na N-540, N-547, N-640, N-634, N-642, N-VI, N-120 e A-6. A iniciativa dos socialistas foi aprobada co non do Partido Popular o que implica a presentación de dito plan nos vindeiros meses.

A proposición non de lei do PSOE tamén recolle a execución da A-54 entre Lugo e Santiago, A-56 (Lugo-Ourense), A-82 ou A-74 (Barreiros e San Cibrao), A-76 (Ponferrada-Ourense), A-72 (Chantada-Monforte); a conexión de Alta Velocidade e a construción da imprescindible estación Intermodal para a chegada do AVE á provincia de Lugo; a mellora e modernización dos servizos ferroviarios no conxunto do territorio lugués e a execución do Plan de Reforzo da liña de FEVE Ferrolterra-Ortegal-A Mariña-Asturias.

ÚLTIMAS

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...

Extinguido un incendio forestal en Guitiriz, que afectou a 8,4 hectáreas

O incendio forestal que permanecía activo desde este domingo no municipio lucense de Guitiriz...

Lugo duplica a compra venda de vivendas

A compravenda de vivendas en Galicia subiu un 38,4% o pasado febreiro, en comparación co...