InicioEconomíaAutorizado un novo parque eólico entre Castroverde, Castro de Rei e Pol

Autorizado un novo parque eólico entre Castroverde, Castro de Rei e Pol

É de Naturgy e afectará a varias especies animais e xacementos patrimoniais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta concedeu a autorización ambiental ao parque eólico Batifol, situado entre os municipios lucenses de Castroverde, Castro de Rei e Pol. Este proxecto de Naturgy contará con 12,5 megawatts de potencia e dous aeroxeradores.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves o anuncio polo que fai pública esta autorización para un proxecto que contará cunha liña de evacuación e un edificio que servirá de centro de control. Para esta actuación tamén se deberá ampliar a subestación do eólico Monciro. O prazo de execución será de sete mes.

Neste espazo atópase fauna protexida, tal como o aguilucho pálido (‘tartaraña cincenta’) e as especies en perigo de extinción de milano real e a agachadiza común. O parque está nos límites da reserva da biosfera Terras do Miño. Tamén se identificaron 45 elementos de patrimonio cultural no ámbito do proxecto, entre as que hai varias ‘mámoas’ na contorna máis próxima.

Entre outros condicionantes ao proxecto, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural apunta á necesidade de rozas previas no monte Milleiros para identificar posible patrimonio non catalogado. A Dirección Xeral de Patrimonio Natural fixa que deben instalarse tecnoloxías que minimicen o risco de impacto de aves contra as turbinas. Así mesmo, Saúde Pública empraza a un seguimento acerca do efecto de parpadeo de sombras que producen os muíños sobre as vivendas máis próximas.

Tras unha modificación do proxecto orixinal, pola cal Naturgy reduce de catro a dous os aeroxeradores, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental descarta afeccións e avala a viabilidade ambiental do parque.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...