InicioLugo e contornaPodemos e Esquerda Unida concorrerán por separado en Lugo e competirán coa...

Podemos e Esquerda Unida concorrerán por separado en Lugo e competirán coa marea afín a Villares

Deste xeito, do mesmo xeito que sucede en Ourense, ata tres candidaturas do espectro da chamada unidade popular preséntanse ás eleccións locais en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Podemos e Esquerda Unida concorrerán por separado ás eleccións municipais do próximo 26 de maio no Concello de Lugo, onde competirán contra outra candidatura do espazo político da chamada unidade popular, Lugonovo, que goza do respaldo orgánico de En Marea.

Así, o partido morado preséntase baixo a marca Podemos Lugo nunha lista encabezada polo secretario local, ‘Josito’ Pérez, quen, en declaracións a Europa Press este mércores, lamentou que Esquerda Unida “non quixo negociar” a configuración dunha candidatura “de unidade”.

Tamén este mércores, Esquerda Unida anunciou a adhesión de Equo á candidatura que lidera o portavoz municipal de Alternativa Cidadá de Esquerdas (ACE) durante o último mandato, Carlos Portomeñe, que repite como candidato á Alcaldía.

Deste xeito, do mesmo xeito que sucede en Ourense, ata tres candidaturas do espectro da chamada unidade popular preséntanse ás eleccións locais en Lugo: Podemos, ACE-Esquerda Unida e Lugonovo.

Esta última, na que participou o partido morado ata que os seus membros optaron por desligarse, conta co respaldo do partido instrumental En Marea, que lidera Luís Villares.

En declaracións a Europa Press, o secretario local de Podemos Lugo e membro da dirección do partido morado en Galicia, ‘Josito’ Pérez, asegurou que Esquerda Unida “non quixo negociar” a unión baixo una mesma candidatura. “Pesaron máis outras cousas, non o entendemos”, apostila.

Pola súa banda, nun comunicado, Esquerda Unida afirma que ACE representa “unha candidatura de unidade popular” que opta pola fórmula de coalición “por resultar a máis adecuada para expresar a unidade sen renunciar á diversidade ideolóxica”.

Segundo fontes consultadas  a pretensión de Portomeñe e Pérez por ser candidatos á Alcaldía imposibilitou desde o inicio que as negociacións para o acordo entre EU e Podemos llagasen a bo porto.

Lugo xa contou en 2015 con dúas candidaturas do mesmo espectro político: Lugonovo –integrada nese momento por sectores próximos a Anova, Podemos e Espazo Ecosocialista– e ACE, promovida por Esquerda Unida.

Catro anos despois, as opcións políticas de esquerda para os lucenses engaden un novo actor e haberá ata tres candidaturas que se reivindican do mesmo espectro político nunha cidade como Lugo, cunha poboación por baixo de 100.000 habitantes.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...