InicioEconomíaA Deputación de Lugo aproba a selección de 39 persoas para o...

A Deputación de Lugo aproba a selección de 39 persoas para o programa ‘Tecendo Emprego’

A semana que vén as persoas seleccionadas serán chamadas polas entidades correspondentes para iniciar o seu contrato e iniciar a súa vida laboral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Sonsoles López Izquierdo, anunciou este mércores, tras a xunta de goberno provincial, a selección de 39 traballadores no marco do programa ‘Tecendo Emprego’.

En total ofertáronse 56 perfís profesionais, en 41 asociacións do ámbito social e 39 persoas xa “foron seleccionadas e formalizarán o seu contrato a próxima semana”. Ademais, acordouse “convocar de novo 17 postos que resultaron vacantes“. En total destínanse máis de 1,7 millóns de euros, en dúas anualidades, para financiar o devandito plan de emprego dirixido a “asociacións do tecido do ámbito social da provincia de Lugo”.

López Izquierdo avanzou que a “próxima semana” publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e concretou que “desde que se publica as entidades adxudicatarias teñen cinco días para facer contratos”.

“A semana que vén as persoas seleccionadas serán chamadas polas entidades correspondentes para iniciar o seu contrato e iniciar a súa vida laboral”, abundou. Este programa permitirá a contratación durante un ano, sufragando o goberno provincial o “90 por cento dos custos laborais”, sinalou, e tamén da Seguridade Social.

ÚLTIMAS

Altri en Palas de Rei: Pas Viva opónselle por riscos ambientais e sociais

As colectivo Pas Viva da Plataforma Ulloa Viva celebrou un acto para mostrar o...

Excarcerados pai e fillo en Palas de Rei tras envorcar o vehículo no que viaxaban

Un pai e o seu fillo, menor de idade, foron excarcerados en Palas de...

Detido un refuxiado en Becerreá por presuntas agresións sexuais a dúas traballadoras dunha ONG

A Garda Civil detivo a un home, unha das persoas migrantes que acolle a localidade...

“Vas morrer hoxe”: xulgado por ameazar e agredir ao seu xefe

Un home acusado de varios delitos por atacar ao seu empregador cun coitelo e...