InicioLugo e contornaQueres coñecer as novas tecnoloxías para sementar as terras?

Queres coñecer as novas tecnoloxías para sementar as terras?

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Centro Tecnolóxico Agroalimentario (Cetal) de Lugo, en colaboración con Abanca, pon en marcha este martes a realización dun ciclo de ‘Xornadas Agroalimentarias’ nas que se realizarán demostracións prácticas en condicións reais de actividades de transferencia tecnolóxica ao sector agroalimentario.

A primeira destas xornadas, titulada ‘Novas Tecnoloxías na Sementeira de Millo Forraxeiro’, terá lugar este martes nas instalacións da granxa Gayoso Castro que a Deputación de Lugo posúe na localidade de Castro de Ribeiras de Lea, en Castro de Rei.

A xornada dará comezo ás 11,30 horas coa exposición, de man de Dekalb España, “de temáticas innovadoras na sementeira de millo, como a adaptación da densidade de sementeira ao híbrido de millo e ao potencial produtivo do chan”, informou a organización.

Tamén se mostrará a forma de realizar as prescricións de sementeira para programar doses variables en función das distintas zonas da parcela. A asistencia á xornada é gratuíta e está aberta a agricultores, gandeiros, cooperativas, empresas de servizo, técnicos e resto de axentes interesados nas novas tecnoloxías dispoñibles no mercado para a sementeira do millo forraxeiro.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...