InicioLugo e contornaLara Méndez renova a lista coa que busca revalidar a Alcaldía de...

Lara Méndez renova a lista coa que busca revalidar a Alcaldía de Lugo para o PSOE

A rexedora presentou á asemblea da cidade a proposta de candidatura para as próximas eleccións municipais, as primeiras desde 1999 nas que o candidato á alcaldía non será José López Orozco,

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSOE de Lugo afrontou unha importante renovación na lista que acompañará á actual rexedora, Lara Méndez, no seu intento por revalidar a alcaldía da cidade amurallada o próximo 28 de abril. Entre as novidades destacan a incorporación como número dous do secretario xeral do PSOE na provincia de Lugo, Álvaro Santos, e a presidenta da Asociación Concepción Arenal, a avogada Paula Alvarellos.

A rexedora presentou á asemblea da cidade a proposta de candidatura para as próximas eleccións municipais, as primeiras desde 1999 nas que o candidato á alcaldía non será José López Orozco, apartado da primeira liña política desde 2015 para favorecer que Lugonovo apoiase a investidura de Lara Méndez como alcaldesa.

O presidente do PSOE da provincia de Lugo, Álvaro Santos, ocupa o segundo lugar da lista tras Lara Méndez. Completan o primeiros cinco postos da candidatura a avogada Paula Alvarellos, o actual concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e a edil de Benestar Social e Igualdade e secretaria da agrupación local do PSOE, Ana González Abelleira.

Para atopar os seguintes membros do actual goberno que repiten na lista hai que irse ata os postos undécimo e duodécimo, ocupados, respectivamente, por Rosana Rielo –responsable de Cidadanía– e Manuel Núñez López –concelleira de Educación–. Pechan a candidatura nos lugares 24 e 25 os tamén edís Daniel Piñeiro –Desenvolvo Sustentable e Persoal– e Carmen Basadre –Cultura–.

SEIS INDEPENDENTES

A lista de Méndez integra un total de seis independentes. O primeiro da lista é o psicólogo sanitario e presidente de AJE Lugo, Mauricio Reppetto, que ocupa o sexto lugar na candidatura, seguido por outra independente, a enfermeira Olga López.

O oitavo lugar é para o enxeñeiro forestal Miguel Couto, o noveno para a música e profesora Silvia Alonso, mentres que o décimo é para Pablo Permuy, presidente do Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Española de Balonmán.

Tras os concelleiros Rosana Rielo (11) e Manuel Núñez (12), figuran Carmen Méndez (13), o independente Carlos Méndez Castro (14), Vanessa Martínez (15), Jesús Darriba (16), María Pilar Seoane (17), Jaime Roda (18), Rosana Elisabeth Almonte (19), Gerber Martínez (20), Ruth León Gabarri (21), Francisco Javier Rodríguez (22) e María Carmen Santos (23).

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...