InicioLugo e contornaLugoRecorren a sentenza que absolve ao alcalde de Barreiros por prevaricación urbanística

Recorren a sentenza que absolve ao alcalde de Barreiros por prevaricación urbanística

A Fiscalía asegura que no fallo "se omite a valoración de servizos e situación do chan" no municipio da Mariña lucense no momento da concesión das licenzas, polo que reclama a nulidade da sentenza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fiscalía de Lugo presentou un recurso de apelación ante a Audiencia Provincial contra a sentenza absolutoria ditada polo xulgado do Penal número 2 de Lugo favorable ao alcalde de Barreiros, Alfonso Fonte Parga, e outro cinco concelleiros que formaban a xunta de Goberno Local en 2006 e á entón arquitecta municipal, por un caso de delito de prevaricación urbanística do que estaban acusados pola concesión, durante ese ano, de 44 licenzas para construír case 3.500 vivendas.

O Ministerio Público, segundo informa nun comunicado remitido este venres, sostén que “non se valoraron adecuadamente as probas non se valoraron adecuadamente as probas practicadas, especialmente os informes favorables dos proxectos asinados pola arquitecta municipal, tamén procesada, que constitúen unha base fundamental da acusación”.

Así mesmo, asegura que no fallo “se omite a valoración de servizos e situación do chan” no municipio da Mariña lucense no momento da concesión das licenzas, polo que reclama a nulidade da sentenza.

SENTENZA

A sentenza, absolve a Fonte Parga, o cinco edís e a entón arquitecta municipal do delito de prevaricación urbanística do que estaban acusados porque o xuíz entende que existen “certas dúbidas” sobre se a actuación dos sospeitosos foi “totalmente legal ou axustada á lexislación vixente”.

Neste sentido, o maxistrado subliña no seu fallo que non quedou acreditado que estivese “desprovista de toda interpretación razoable do ordenamento xurídico aplicable á materia sobre edificación e plan existentes no Concello de Barreiros”.

Así mesmo, a sentenza sinala que a actuación dos imputados tiña “certa apoyatura legal” xa que “cabía entender a posibilidade de atoparse ante chan consolidado” debido á existencia de “redes de servizos e subministracións nas parcelas, de modo que puidesen adquirir a condición de solares con obras accesorias”.

Ademais, o xuíz sostén que da proba practicada non se probou “cunha claridade meridiana” que os acusados actuasen “a propósito da inxustiza que cometían á hora de aprobar as licenzas”.

Así, destaca que se atopaban ante “informes técnicos favorables en todos os casos e xurídicos favorables ou confusos, salvo nun par de casos que eran claramente desfavorables, ou sen informe xurídico”.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home por acosar e tentar bicar a unha muller na estación de autobuses tras varios altercados

A Policía Local de Lugo detivo a un home acusado de tratar de agredir...

Activado o protocolo sanitario nunha escola infantil de Lugo ante dous posibles casos de sarna

A Concellaría de Educación do Concello de Lugo activou o protocolo...

A Deputación garante o transporte escolar en Cervantes na LU-P-1402 despois dos danos causados pola choiva

A Deputación de Lugo garantirá a circulación do transporte escolar ao seu paso pola...

O PP de Lugo denuncia o mal estado do pavimento no Casco Histórico

O PP afirma que hai un problema estrutural no Concello de Lugo a conta...