InicioLugo e contornaA Deputación inicia a mellora da LU-P-1807 para conectar Chantada e Carballedo

A Deputación inicia a mellora da LU-P-1807 para conectar Chantada e Carballedo

Estas obras permitirán reparar practicamente todo o trazado da estrada, desde o inicio da vía ata o punto quilométrico 9,4, cun investimento de case 250.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo iniciou esta semana os traballos de mellora da LU-P-1807, que conecta Chantada e Carballedo, que inclúen a limpeza das cunetas e o acondicionamento do firme de practicamente todo o trazado desta vía, cun orzamento de case 250.000 euros. En nota de prensa, o Goberno provincial detallou que as actuacións, que está a levar a cabo a empresa Fevisa Vías e Obras S.L., comezaron esta semana coa limpeza das cunetas e continuarán nos próximos días coa mellora da drenaxe e o acondicionamento do firme da vía.

Estas obras permitirán reparar practicamente todo o trazado da estrada, desde o inicio da vía ata o punto quilométrico 9,4, cun investimento de case 250.000 euros. Todo iso para incrementar a seguridade viaria e mellorar as condicións de circulación da estrada. Unha actuación que a Deputación cualificou de “relevancia” para as parroquias de Santa Uxía e Cartelos, nos municipios de Chantada e Carballedo, xa que é unha vía de uso habitual para os veciños.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...