InicioCulturaLugoXornal, canda 80 cabeceiras, celebra o Día dos Medios en Galego

LugoXornal, canda 80 cabeceiras, celebra o Día dos Medios en Galego

O Día dos Medios en Galego procura concienciar da necesidade de manter os medios en galego malia o esquecemento das administracións

PUBLICADA O

- Advertisement -
A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebra o Día dos Medios en Galego con todos aqueles que empregan a nosa lingua como vehículo principal de comunicación. A segunda conmemoración deste Día, ratificado por unha declaración conxunta de todos os partidos con representación no Parlamento Galego, empraza novamente a tomar conciencia da importancia dos medios de comunicación que manteñen vivo o galego.
O 7 de febreiro foi escollido co gallo da saída da primeira publicación realizada integramente en galego, O Tío Marcos da Portela, editado en Ourense por Valentín Lamas Carbajal hai 122 anos. Hogano existen máis de 80 medios en galego en todos os formatos e todos os eidos informativos, e a unión de todos eles é un fito chave perante o esquecemento das administracións.
Nesta liña, a AMEGA convocou a II Gala do Día dos Medios en Galego, congregando en Pontevedra o pasado sábado 2 de febreiro a representantes das cabeceiras galegas en activo. O evento foi apoiado por varias institucións, e serviu de punto de partida para o resto de actividades da asociación, coma a campaña #maisquepalabras.

Medios en galego en activo (Xaneiro 2019)

40 Nordés, 5FM, A Cuarta Parede, A Nova Peneira, A Voz de Vilalba, Ábretedeorellas, Adiante.gal, Ames Radio, Campo Galego, Canal Barbanza, Canal Rias Baixas, Código Cero, Crónica 3, Crónicas da comarca, Culturagalega.org, DiarioDeportivo.gal, Diario Liberdade, Disquecool, Galicia Confidencial, GCiencia, GZmusica, Historia de Galicia, Lugo Xornal, Lindeiros, Luzes, Mazarelos, Nós Televisión, Nova Fantasía, Novas da Galiza, Novas do Eixo Atlántico, O Dez, Ollaparo, O Sil.info, Palavra Comun, Ponte nas ondas, Pontevedraviva, Praza Pública, Que pasa na Costa, Radio Allariz, Radio Arzúa, Radio Burela, Radio Caldas, Radio Cerceda, Radio Culleredo, Radio Estrada, Radio Eume (As Pontes), Radio Fene, Radio Foz, Radio Lalín, Radio Melide, Radio Negreira, Radio Neria (Corcubión), Radio Nordés (Cadena Ser), Radio Oleiros, Radio Ordes, Radio Quiroga, Radio Redondela, Radio Roncudo, Radio Salnés (Cambados), Radio Tui, Radio Xallas, Radiofusión, Revista Feminista Andaina, Revista Feminista Revirada, Radio Morcego, Revista Orballo, Revista Pincha, Sermos Galiza, Sprintmotor, SurfGZ, Televinte Chantada, Televisión de Galicia, Tempos Novos, Teo Vivo, Terracha.xa, Vinte, Xornal de Lemos, Xornal da Mariña, Xornal de Vigo, Zona Press.

LugoXornal medra na alternativa informativa do centro da provincia

+ posts

ÚLTIMAS

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...