InicioTerra CháAbadínTres gandeiros de Abadín, a xuízo por crear unha sociedade para evitar...

Tres gandeiros de Abadín, a xuízo por crear unha sociedade para evitar unha débeda de 38.000 euros

A Fiscalía solicita dous anos de prisión para cada un dos socios por un delito de frustración da execución.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres socios dunha explotación gandeira situada no municipio de Abadín sentarán no banco dos acusados o próximo 2 de xullo no Xulgado do Penal número 1. O Ministerio Fiscal solicita unha pena de dous anos de prisión e unha multa de 3.200 euros para cada un deles, ao consideralos responsables dun delito de frustración da execución tras tentar eludir o pagamento dunha débeda superior aos 38.000 euros.

Segundo o escrito de acusación, a orixe do conflito remóntase a outubro de 2020, cando o acredor presentou unha demanda xudicial para reclamar 38.015,34 euros. Malia que en xaneiro de 2021 ambas as partes chegaron a un acordo de pago recollido nun auto xudicial, a Fiscalía sostén que os acusados incumpriron voluntariamente o compromiso, obrigando ao acredor a iniciar un procedemento de execución en marzo de 2022.

De acordo coa investigación, mentres se tramitaba a execución xudicial, os tres socios constituíron unha nova sociedade mercantil dedicada á mesma actividade gandeira. Supostamente, transferiron a esta nova entidade os bens da explotación anterior, que cesou a súa actividade, co único fin de vaciar de patrimonio a empresa debedora e dificultar así o cobro da cantidade reclamada.

Tanto o Ministerio Público como a acusación particular consideran probado que esta manobra foi unha estratexia deliberada para impedir que o acredor recuperase o seu diñeiro. A vista oral, na que se decidirá a responsabilidade penal dos tres socios, terá lugar na sede xudicial a partir das 10,00 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...