InicioLugo e contornaLugoO Tribunal Supremo confirma a paralización doutro pelotazo urbanístico como o do...

O Tribunal Supremo confirma a paralización doutro pelotazo urbanístico como o do Garañón

Desestima un recurso da empresa Inversiones Malleo que lle pedía 3,5 millóns de euros ao concello por reducir a edificabilidade no antigo solar de Telefónica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Supremo decidiu non admitir o recurso presentado por Inversiones Malleo contra a desestimación dunha reclamación de responsabilidade patrimonial ao Concello de Lugo por un importe de 3,5 millóns de euros por reducir a edificabilidade no solar número 25 da avenida Doutor García Portela, o antigo terreo de Telefónica.

Esta promotora, que pretendía construír un edificio de sete plantas de vivendas no solar que agora ocupa unha caseta de planta baixa, antigamente propiedade de Telefónica, consideraba que o Concello de Lugo prexudicara os seus intereses ao restrinxir a edificabilidade desa parcela no Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Dáse a circunstancia de que o solar que provocou o litixio está a poucos metros da polémica urbanización do Garañón e das dúas torres sobre as que pesan polo menos dúas sentenzas que obrigan á súa demolición.
A vella caseta de Telefónica tamén está situada á beira do antigo Sanatorio García Portela, agora restaurado para abrir no verán como nova sede do Instituto Nacional de Estatística en Lugo.

Diso informou o Consistorio nun comunicado, no que explica que a decisión do alto tribunal de inadmitir o recurso de casación pon fin á vía xudicial iniciada en 2013 por esta empresa, que esixía responsabilidade patrimonial á administración local “por non poder construír na parcela situada entre o edificio do sanatorio Portela e O Garañón”, tras a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

A decisión do Tribunal Supremo prodúcese despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitase previamente, en outubro de 2017, o recurso.

Tal como explicou o concello, o Tribunal, que impón 1.000 euros de costas a Inversiones Malleo, inadmite a trámite o recurso “por falta de fundamentación suficiente” de que ocorresen os supostos e por referirse a cuestións de feito “excluídas da casación”.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...