InicioTerra CháCastro de ReiA Xunta di que a residencia de Castro Ribeiras de Lea terá...

A Xunta di que a residencia de Castro Ribeiras de Lea terá médico substito “nos próximos días”

O médico substituto da residencia de maiores de Castro Ribeiras de Lea, situada en Castro de Rei (Lugo), comezará a traballar "nos próximos días".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O médico substituto da residencia de maiores de Castro Ribeiras de Lea, situada en Castro de Rei, comezará a traballar “nos próximos días”. Así o confirmou a consellería de Política Social, consultada por Europa Press, despois de quea CIG denunciase este martes que o centro de maiores levaba sen médico “desde o mes de novembro.

Segundo ratificou Política Social, o médico deste centro “atopábase de baixa“, polo que, “desde o primeiro momento, a dirección púxose a buscar un profesional substituto, que comezará a traballar nos próximos días”. “Hai que destacar que en todo momento cumpriuse coa normativa e sempre se garantiu a asistencia médica”, engaden as mesmas fontes.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...