InicioSociedadeO PP esixe ao Goberno levar a fibra e o 5G a...

O PP esixe ao Goberno levar a fibra e o 5G a todo o rural lucense

O senador Manuel Balseiro defenderá no Senado a proposta para combater a fenda dixital e o despoboamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O senador do PP lucense Manuel Balseiro defenderá este mércores na Comisión de Transformación Dixital unha iniciativa para instar o Goberno central a “garantir” o despregamento de infraestruturas de telecomunicacións en todo o territorio, especialmente nas zonas do rural da provincia de Lugo. Segundo detallaron os populares nun comunicado, esta proposta busca combater a fenda dixital, reforzar a cohesión social e territorial e asegurar que a conectividade chegue a toda a cidadanía.

A iniciativa reclama ao Executivo que garanta o despregamento de infraestruturas nos municipios que o necesiten e que impulse a extensión das redes de telefonía móbil e de tecnoloxía 5G, con especial atención ao ámbito rural. Concretamente, a proposta esixe garantir o acceso á telefonía móbil e fibra óptica na totalidade da provincia de Lugo, así como outros servizos de conectividade que permitan superar a actual situación de “sombra e apagamento dixital” que sofren numerosos municipios rurais.

“A conectividade é un servizo básico imprescindible. Non se pode falar de igualdade de oportunidades nin de loita contra o despoboamento mentres haxa territorios enteiros sen acceso real a Internet ou á telefonía móbil”, subliñou Balseiro.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...