InicioPolíticaO PP de Lugo reclama "menos impostos e máis apoio para quen...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano reivindicaron “menos impostos e máis apoio para quen traballa” ante unha “caída xeneralizada” no número de autónomos na provincia. Nun ano, rexistráronse 353 baixas, practicamente una ao día, segundo o partido.

Os datos e medidas recollidos no Plan Integral dos Autónomos do partido foron presentados a representantes da Confederación de Empresarios de Lugo durante unha reunión este venres. Así mesmo, os senadores trasladaron “unha iniciativa específica” para reclamar desde o Senado ao “Goberno de (Pedro) Sánchez” medidas de apoio aos autónomos lucenses coas que “corrixir a tendencia á perda de autoempleados na provincia.

Neste encontro de traballo, segundo trasladou o PP, participou o secretario xeral da CEL, Jaime López, o conselleiro delegado, Eduardo Valín, o secretario xeral de ATA Galicia, Álvaro Viqueira, e membros do colectivo que representan a distintos sectores económicos da provincia. Así as cousas, os populares tamén engadiron que recolleron as “necesidades e demandas” dos traballadores autónomosdetectadas pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). Con relación ao plan anunciado, os senadores tamén reclamaron máis facilidades para emprender, máis protección e apoio, e “máis dereitos e confianza do Estado no autónomo”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...