InicioEconomíaA Deputación e empresarios da provincia abordan alianzas entre Galicia e Uruguay

A Deputación e empresarios da provincia abordan alianzas entre Galicia e Uruguay

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e empresarios abordaron alianzas estratéxicas entre Galicia e Uruguai, nun encontro en Montevideo. Segundo informa o organismo provincial, na rolda de encontros profúndase na cooperación en innovación loxística e tecnolóxica, ademais de coñecer de preto o modelo gandeiro uruguaio.

A delegación, encabezada por José Tomé, mantivo reunións con organismos públicos como o Instituto Nacional de Loxística e Uruguai XXI, centradas en impulsar a cooperación económica e o intercambio entre os dous territorios. Ademais, mantivéronse encontros coa Cámara Uruguaia de Tecnoloxías da Información e coa Xunta Departamental de Montevideo, “abrindo novas vías de colaboración”, engade a institución provincial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...