InicioPolíticaBNG de Lugo di que os orzamentos da Xunta mostran "falta de...

BNG de Lugo di que os orzamentos da Xunta mostran “falta de proxectos”

O BNG impulsará emendas "para pór os intereses e as necesidades dos lucenses e profundar nun maior compromiso con Lugo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada do BNG por Lugo Olalla Rodil asegurou que os orzamentos da Xunta para 2026 son “como o día da marmota” e mostran “falta de proxectos” para a provincia.

Tal e como trasladou nunha nota de prensa, a parlamentaria nacionalista lamentou que as contas do próximo ano “confirmen o abandono do PP a Lugo”, ao ser “unha sarta de promesas atrasadas no tempo, sen medidas novas”.

En concreto, Rodil puxo como “proba deste abandono” o feito de que se “volva a anunciar a reforma de centros de saúde que xa foron anunciadas varias veces”.

Neste sentido, a deputada do Bloque sinalou outros proxectos que a Xunta “non acaba nin destina os suficientes recursos”, como o Porto Seco de Monforte ou a autovía entre Nadela e Sarria.

“Os orzamentos de 2026 son a constatación de que o PP non ten ideas, non ten proxecto e non ten interese en darlle a Lugo o lugar que merece. Mentres outras provincias avanzan, Lugo continúa en punto morto”, censurou Rodil.

Por todo iso, avanzou que o BNG impulsará emendas “para pór os intereses e as necesidades dos lucenses e profundar nun maior compromiso con Lugo”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...