InicioPolíticaO PP de Lugo acusa o goberno local de atrasar 214 días...

O PP de Lugo acusa o goberno local de atrasar 214 días un expediente sancionador contra o Pub Las Palmeras

Cita a existencia de máis de 30 informacións de comunicación sobre incumprimentos deste negocio de lecer nocturno no último ano

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular volveu reclamar este luns ao Goberno local unha solución para a rúa Tui onde o after Las Palmeras acumula numerosos expedientes sancionadores.

A portavoz popular, Elena Candia, reclamou de novo que se actúe de inmediato para “garantir a seguridade dos veciños” e acusounos de “falta de vontade política” na tramitación de expedientes sancionadores. Os populares aseguran que o executivo tardou 214 días en impulsar un procedemento contra este local, a pesar de que o prazo legal era de dez.

Segundo explica a popular, as actas de inspección revisadas reflicten “incumprimentos graves e reiterados” neste establecemento, e consta un expediente datado o 17 de decembro de 2024 que non se activou ata o 18 de xullo de 2025, sete meses despois de solicitarse. “Curiosamente, o expediente móvese só once días despois de que pedísemos medidas para os problemas de convivencia na rúa Tui”, apuntan desde o PP.

Os populares lembran, ademais, que o entón responsable de Mobilidade, Rubén Arroxo, defendeu que “ningún cargo político pode pechar un negocio, senón que debe ser un procedemento técnico quen o determine”, aínda que recoñecía ordenar un peche temporal no seu momento “por existir denuncias policiais e informes que o permitían”.

O PP sostén que, a pesar das evidencias, o goberno local “segue sen dar solucións e negando a problemática”. Citan máis de 30 informacións publicadas en medios durante o último ano, denuncias veciñais e actas desde marzo de 2023 que, ao seu xuízo, certifican incumprimentos da normativa.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...