InicioSucesosDetido un home que se desprazaba en patinete para vender droga en...

Detido un home que se desprazaba en patinete para vender droga en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, e que se desprazaba en patinete para levar a sustancia estupefaciente aos seus ‘clientes’.

Segundo informaron fontes policiais, foron os propios axentes, realizando labores de vixilancia e prevención, os que detectaron que podería haber un punto negro de venda de drogas na zona sur da cidade de Lugo.

Por iso, activouse un dispositivo de investigación e, tras varios días de vixilancia, comprobouse que, efectivamente, estaba a realizarse venda de drogas na Avenida de Fontiñas. A Policía logrou identificar e deter ao suposto responsable, que utilizaba un patinete eléctrico para desprazarse e levar a droga.

Os axentes realizáronlle un cacheo e interviñéronlle varias doses de cocaína e diñeiro presumiblemente procedente da súa actividade delituosa. Tras a detención, a Policía continuou a vixilancia na contorna do investigado, e púidose intervir diverso material para preparar a droga, como plásticos cortados para elaborar as doses ou diferentes medicamentos utilizados como sustancias de corte do estupefaciente.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...