InicioSucesosUn incendio rexistrado na Pastoriza sáldase cunha persoa ferida con queimaduras

Un incendio rexistrado na Pastoriza sáldase cunha persoa ferida con queimaduras

Arde un soto en Chantada e os bombeiros ven obrigados a refrigerar varias bombonas almacenadas no seu interior

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa sufriu queimaduras e necesitou asistencia sanitaria nun incendio rexistrado nun alpendre na Pastoriza. Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), o suceso ocorreu minutos antes das 13.00 deste luns 18, cando un particular chamou ao 112 Galicia para alertar do sucedido.

O parte oficial indica que o alertante avisou tras observar unha gran cantidade de fume no lugar de Cordeiro, na parroquia de Álvare. O 112 mobilizou aos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros de Vilalba, ao GES da Pontenova e a axentes da Garda Civil.

No interior das instalacións onde se atopaba a vítima había herba seca acumulada e un vehículo agrícola. Os equipos de emerxencia confirmaron que só ardía o alpendre, e sobre as 13.00 horas continuaban traballando para extinguir o lume.

ARDE UN SOTO EN CHANTADA

Outro incendio rexistrouse sobre as 11.30 horas no soto dunha vivenda situada en Vilanova do Monte, na parroquia de San Salvador de Asma, en Chantada. No interior había materiais e electrodomésticos que, segundo o servizo de emerxencias, arderon por completo.

Os bombeiros tiveron que refrigerar varias bombonas almacenadas na estancia. No operativo participaron os bombeiros e a Policía Local de Chantada, ademais de axentes da Garda Civil.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...