InicioPolíticaFracasa a moción do PSOE para reprobar a Elena Candia pola Operación...

Fracasa a moción do PSOE para reprobar a Elena Candia pola Operación Polbo

O BNG abstívose e o PP interpreta o resultado como unha mostra da soidade política de José Tomé.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes, no seu segundo intento, o réxime xurídico e a actividade económica do Centro de Atención a Persoas Maiores de Becerreá, a pesar das protestas veciñais e da oposición do PP. A proposta non prosperara na sesión anterior pola ausencia de tres deputados socialistas afíns a unha candidatura alternativa a José Tomé. A pesar da aprobación, a oposición denunciou que os usuarios deste centro deberán pagar un 60 % máis que noutros da provincia.

Durante a sesión tamén se aprobaron dúas declaracións institucionais: unha do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, e outra a favor dunha sociedade baseada na legalidade e o respecto aos dereitos fundamentais. Ambas procuran avanzar cara á erradicación da violencia e da discriminación, e promoven a colaboración entre administracións, forzas de seguridade e cidadanía.

Outra moción aprobada polo PSdeG e o BNG insta á Xunta a manter os servizos médicos nos consultorios do rural durante o verán, ante os continuos recortes. O presidente José Tomé criticou o peche de consultorios en época estival, mentres a deputada Marisol Morandeira denunciou a precarización da sanidade na provincia, cun peche do 11,5 % das camas hospitalarias, por riba da media galega.

O BNG tamén criticou duramente a xestión sanitaria da Xunta, mentres que o PP non logrou apoio para a súa moción contra o desenvolvemento urbanístico do polígono C en Lugo. Tamén fracasou a moción do PSOE pedindo a dimisión da popular Elena Candia pola ‘Operación Polbo’, tras a abstención do BNG. O PP aproveitou o resultado para evidenciar o que consideran a soidade política de José Tomé.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...