InicioCulturaO Arde Lucus celebrará o seu 25 aniversario do 18 ao 21...

O Arde Lucus celebrará o seu 25 aniversario do 18 ao 21 de xuño de 2026 cunha volta aos seus inicios

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Arde Lucus de Lugo celebrará o seu 25 aniversario do 18 ao 21 de xuño de 2026, e reunirá actos novos con outros similares aos do comezo da festa de recreación histórica.

Segundo trasladou o Concello de Lugo nunha nota de prensa, o edil de Xuventude, Jorge Bustos, destacou que coñecer as datas do próximo ano permite a moitos visitantes que estiveron estes días en Lugo “planificar a súa próxima estancia con antelación”.

Isto, ampliou, favorece tamén ao sector hoteleiro, de cara ás reservas na cidade. De feito, Bustos comentou que “moita xente lles comunicou que reservan dun ano para outro, como noutros eventos como o Resurrection Fest”.

Nesta liña, para decidir as datas tiveron en conta os días do Corpus e da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, dous actos relixiosos cuxas procesións percorren as mesmas rúas e prazas estratéxicas do Arde Lucus, o que fai que sexa “inviable que ambos os eventos se realicen nas mesmas semanas”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...