InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo destaca que o Arde Lucus consolida á cidade...

O Concello de Lugo destaca que o Arde Lucus consolida á cidade como “referente turístico”

Maite Ferreiro destacou que esta festa consolida á cidade como “referente cultural” á hora de visitar Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A edil de Cultura, Turismo e Promoción de Lingua do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, destacou que o Arde Lucus consolida á coidade como “referente turístico”. A concelleira sinalou que o número de turistas que se achegou a Lugo estes días mostra que a cidade “xa está consolidada como un destino estratéxico á hora de visitar Galicia”, pero incidiu en que seguirán traballando para continuar mellorando os datos e garantindo a mellor atención aos visitantes.

Maite Ferreiro puxo en valor que, nos últimos anos, apostan por un turismo de calidade e desestacionalizado, que permite a convivencia dos visitantes coas persoas que residen en Lugo. A concelleira de Turismo afirmou que “os datos demostran que esta campaña está a dar os seus froitos” e vese como “Lugo conta cuns datos positivos“. Así, explicou que as diferentes instalacións recibiron en total 3.212, destacando a importancia do punto de información da Oficina Municipal de Turismo instalado na Praza Maior.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...