InicioSucesosInvestigan na provincia de Lugo unha estafa pola que se ameaza con...

Investigan na provincia de Lugo unha estafa pola que se ameaza con cortar a eletricidad a pequenos negocios

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil investiga na provincia de Lugo unha estafa na modalidade de ‘vishing’, pola que se ameaza a negocios con cortarlles a subministración eléctrica por unha suposta débeda impagada, se non se abona inmediatamente o diñeiro.

Segundo informou a Comandancia de Lugo, trátase dunha modalidade de ‘enxeñaría social’ mediante a que os estafadores chaman por teléfono a negocios e pequenos establecementos comerciais suplantando ás compañías eléctricas. Durante a chamada advirten dunha suposta débeda, real ou ficticia, que debe ser abonada canto antes mediante transferencia bancaria e, para exercer presión, ameazan cun corte inmediato da subministración.

En moitos casos, os delincuentes achegan datos falsos pero verosímiles sobre o contrato das vítimas, facendo referencia a facturas ou cifras concretas para dar credibilidade ao engano. Por iso, os investigadores considérano “unha estafa de alto risco”. Trátase de estafas dirixidas e planificadas, nas que os delincuentes recompilaron previamente información do negocio escollido como potencial vítima, para o que usan avanzadas técnicas de enxeñaría social. Así, a súa estratexia baséase no medo ao prexuízo económico inmediato, por exemplo, a perder alimentos perecedoiros ou a perder clientes.

Os estafadores utilizan “un ton intimidatorio e urxente”, facendo crer á vítima de que non hai tempo para facer comprobacións. Para facelo todo máis crible, suplantan a identidade das compañías eléctricas.

As vítimas son propietarios de bares, restaurantes, tendas de alimentación e pequenos negocios, aínda que tamén hai particulares afectados. A Garda Civil advertiu de que os estafadores escollen momentos de “incerteza xeral” ou momentos de maior impacto, como as horas punta de servizo de comidas en restaurantes, días de moita afluencia de clientes en comercios, ou tras eventos como apagamentos ou anuncios de cambios no sistema eléctrico.

Para afrontar estas posibles estafas, a Garda Civil recomoenda non facer ningún pago por teléfono, contactar coa compañía eléctrica (aínda que a chamada pareza real), non facilitar por teléfono datos bancarios, informar á súa entidade bancaria e denunciar antes as forzas de seguridade.

+ posts

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio de Taboada tras arrasar 55,85 hectáreas

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido este sábado o incendio forestal de...

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...