InicioSucesosUn condutor, que circulaba co carné fóra de vixencia, négase a pasar...

Un condutor, que circulaba co carné fóra de vixencia, négase a pasar o control de alcolehemia en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor negouse a someterse ás probas de alcoholemia en Lugo e, ademais, a Policía Local comprobou que o seu permiso de conducir estaba fóra de vixencia. En consecuencia, foi denunciado por ambos os delitos.

Esta operación, que levou a cabo durante a semana pasada, enmárcase dentro do dispositivo habitual de control e prevención en materia de seguridade viaria, segundo traslada o corpo policial nunha nota de prensa. Tras ordenar a inmovilización do vehículo, os axentes constataron que o condutor quebrantara a prohibición de circulación á que estaba suxeito. O coche finalmente foi retirado ao Depósito Municipal.

En consecuencia, instruíronse dilixencias por dous delitos contra a seguridade viaria. O condutor pode ser condenado pola comisión do primeiro (negarse a realizar as probas) á pena de prisión de seis meses a un ano e a privación da dereito condución dun a catro anos e, polo segundo delito (conducir sen permiso), a prisión de tres a seis meses.

CONDUTORES SEN PERMISO

Por outra banda, os axentes interceptaron ata tres condutores sen permiso. Un deles foi detectado nun control viario específico e nunca obtivera o permiso, ademais de que circulaba sen seguro; noutro caso, o carné tiña perda de vixencia ata o mes de xuño, e no terceiro, o condutor circulaba con todos os puntos retirados sen superar o curso de reeducación.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...