InicioSucesosDous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

Dous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo informou de que, o pasado 28 de marzo, localizou na Avenida Infanta Elena a dous cabalos soltos, cuxos responsables, contra os que se formularon as correspondentes denuncias, foron identificados e recolleron posteriormente aos animais.

Segundo relata nun comunicado, o pasado 28 de marzo recibiu varias chamadas de emerxencia alertando da presenza de dous cabalos soltos na Avenida Infanta Elena, na intersección coa Avenida Benigno Rivera, xerando “unha situación de alto risco” para a circulación nunha das arterias principais de acceso á cidade. Os animais, que trotaban desorientados en metade da calzada, foron interceptados e asegurados de forma provisional, atados nunha árbore da beirarrúa da Rúa da Industria.

Despois, un deles foi identificado mediante un microchip, un elemento obrigatorio do que o segundo carecía. Finalmente, foron localizados os responsables dos equinos, contra os que se formularon as denuncias correspondentes por falta de custodia e pola carencia de microchip identificativo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...