InicioPolíticaMiguel Fernández elude situarse sobre os candidatos a presidir o PSOE provincial

Miguel Fernández elude situarse sobre os candidatos a presidir o PSOE provincial

O alcalde de Lugo defende o proceso de primarias como "exemplo de participación, apertura e transparencia"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, eludiu situarse e explicar a que candidato apoiará no proceso de elección do novo secretario xeral do PSOE provincial, ao que se presentaron tanto o presidente da Deputación, José Tomé –que actualmente desempeña o cargo–, como o concelleiro de Paradela, Iván Castro.

Ambos os socialistas presentaron a súa precandidatura e manifestaron a súa intención de non pactar, contrariamente ao que sucedeu fai catro anos, cando José Tomei chegou a un acordo co alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, segundo aspirante ao cargo. Nesta ocasión o mandatario da Montaña manifestou o seu apoio total a Iván Castro xunto a outras cabezas visibles do partido como a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e a exrexedora de Trabada, Mayra García.

O alcalde de Lugo realizou na mañá deste martes a súa primeira visita oficial ao ente provincial para tratar de diferentes proxectos para a cidade. A preguntas dos xornalistas sobre a que candidato apoiará, Miguel Fernández evitou pronunciarse para centrarse en defender o proceso de primarias como un “exemplo de participación, apertura e transparencia”.

“Que haxa diferentes candidaturas é positivo e enriquecedor e nesa tesitura estamos, que os militantes decidan que persoa é a máis idónea para ocupar o cargo”, trasladou.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...