InicioSociedadeAbre ao público o castelo de Doiras en Cervantes

Abre ao público o castelo de Doiras en Cervantes

O presidente da Deputación destaca a importancia de xerar oportunidades a través do patrimonio para fortalecer o arraigamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, e o alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, abriron este domingo ao público o castelo de Doiras nun acto que tivo lugar no patio interior da construción.

A fortaleza, que esta situada na parroquia de Vilarello e foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1.994, foi comprada polo Concello cunha achega de 900.000 euros da institución provincial.

“A apertura ao público do castelo de Doiras non é só a posta en valor dun monumento singular, é un acto de xustiza coa nosa historia, coa nosa identidade e co noso futuro”, apuntou o presidente provincial.

José Tomei sinalou que o patrimonio “non pode ser visto” como un recordo estático do pasado, senón como “un recurso vivo”, capaz de xerar oportunidade e fortalecer o arraigamento. Con esta incorporación, Lugo suma oito castelos e fortalezas visitables.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...