InicioPolíticaBalseiro replica aos concellos socialistas, "os maiores beneficiarios" dos fondos para a...

Balseiro replica aos concellos socialistas, “os maiores beneficiarios” dos fondos para a administración local

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo impugna o argumento dos alcaldes do Partido Socialista, que afirman ser discriminados no reparto

PUBLICADA O

- Advertisement -

A raíz da xuntanza dos alcaldes socialistas da provincia co presidente da Fegamp, na que manifestaron sentirse agraviados polo investimento arbitrario da Xunta de Galicia, o delegado territorial do goberno galego, José Manuel Balseiro, responde que estes municipios son “os maiores beneficiarios” do reparto de fondos para a administración local. Na réplica, o emisario autonómico afirmou que a asignación corresponde a criteiros obxectivos, nomeadamente a poboación.

As reclamacións do Consello de Alcaldes do Partido Socialista pasan por tres puntos, a saber, financiamento acorde ás competencias asumidas polos concellos, a execución plena e equitativa dos capitais reservados para os municipios, e obriga de empregar o recadado polo Canon da Auga nas tarefas estipuladas –abastecemento, saneamento e xestión dos ríos–. Os socialistas denuncian que dous terzos das asignacións foron realizadas “a dedo” en 2018, e que doce dos trece proxectos licitados co canon beneficiarion a institucións locais gobernados polo Partido Popular.

O delegado territorial ignorou a reclamación vencellada ao Canon da Auga, mais dixo que “nin comparte, nin entende” as críticas ao reparto do Fondo de Cooperación Local, que responde “a criteiros obxectivos consensuados coa Fegamp”. Balseiro explicou que para a distribución dos 21 millóns de euros, o total que a Xunta adica na provincia neste apartado, o criterio de maior peso específico “é o da poboación”, a pesar de que o fondo foi creado para aliviar as desigualdades territoriais.

Disto dedúcese que “son os concellos máis poboados, precisamente os gobernados polo Partido Socialista, os principais beneficiarios dos recursos” contidos no fondo local. De entre as oito localidades máis populosas, cinco son de alcaldía socialista. Balseiro non aclarou que criterios avalan os convenios directos, principal queixa dos rexedores que se reuniron co responsable da Fegamp.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...