InicioLugo e contornaLugoMiguel Fernández será o novo alcalde de Lugo tras o falecemento de...

Miguel Fernández será o novo alcalde de Lugo tras o falecemento de Paula Alvarellos

Unha vez acabado o loito oficial, os membros do grupo municipal reuníronse na tarde deste mércores para tomar unha decisión definitiva sobre quen ía facerse cargo do bastón de mando lucense, e para o que se barallaban o tres primeiros da lista

PUBLICADA O

- Advertisement -

O que foi número dous na lista da exregidora e deputada autonómica Lara Méndez, Miguel Fernández, será o próximo alcalde de Lugo tras o falecemento de Paula Alvarellos por un infarto o pasado venres cando levaba pouco máis dun ano como rexedora.

Unha vez acabado o loito oficial, os membros do grupo municipal reuníronse na tarde deste mércores para tomar unha decisión definitiva sobre quen ía facerse cargo do bastón de mando lucense, e para o que se barallaban o tres primeiros da lista.

A reunión, na que participaron todos os concelleiros socialistas, o secretario provincial do PSOE, José Tomé, e a responsable de Organización na provincia, Pilar García Porto, prolongouse durante máis de horas.

Á saída, atendeu aos medios José Tomé, quen informou de que a decisión foi tomada por unanimidade, de forma que Miguel Fernández será elixido como rexedor no pleno que se celebrará, como moi tarde, o próximo día 11 de marzo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...