InicioSociedadeBesteiro, sobre a morte de Alvarellos: "Inxusto, demasiado pronto, demasiado duro"

Besteiro, sobre a morte de Alvarellos: “Inxusto, demasiado pronto, demasiado duro”

O líder do PSdeG lamenta a perda da alcaldesa e lembra o seu apoio e compromiso coa cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSdeG trasladou o seu pesar polo falecemento da alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, despois do infarto sufrido na noite do venres. “Paula non só foi unha gran alcaldesa, sempre comprometida cos problemas da cidadanía e co avance da cidade, senón tamén unha militante moi traballadora, unha persoa próxima, leal e disposta a sumar en todo momento”, sinalaron os socialistas nun comunicado.

A súa perdida “é dura, inxusta e inesperada”, pero a súa pegada quedará “en Lugo e no partido socialista”. O PSdeG expresou o seu agarimo e forza para a familia da alcaldesa, amizades e para todos os veciños de Lugo. “Desde o PSdeG atoparemos a mellor maneira de honrar a súa memoria: traballando con responsabilidade e compromiso pola cidade que tanto amou”, remarcou o partido.

CONDOLENCIAS DE BESTEIRO

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, a través da súa conta de ‘X’ expresou a súa pesar pola perda de Paula Alvarellos. “Roto de dor, hoxe despedimos a Paula, unha boa amiga, alcaldesa de Lugo e unha muller que viviu por e para a súa cidade, Inxusto, demasiado pronto, demasiado duro”, publicou. O líder dos socialistas galegos agradeceulle o seu exemplo, o paso firme “contra as inxustizas” e o seu apoio nos “mellores e peores momentos” da súa vida.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...