InicioLugo e contornaLugo"O Goberno investiu máis de 2.300 millóns de euro na provincia", di...

“O Goberno investiu máis de 2.300 millóns de euro na provincia”, di o PSOE de Lugo

Pon en valor a subida das pensións e destaca o desbloqueo de obras como a intermodal ou a autovía que une a cidade con Santiago

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao senador César Mogo e a deputada Patricia Otero uníronse para pór en valor a acción de goberno do Partido Socialista en Lugo. Destacan un impulso “histórico” especialmente en ámbitos como o das infraestruturas e o social, con investimentos en máis de 2.300 millóns de euros.

Durante unha comparecencia na sede do partido na capital luguesa, Tomé subliñou que o traballo do Goberno socialista tradúcese “nun compromiso coa mellora das condicións de vida de veciños e veciñas“, pero ese labor serviu tamén para “colocar a Lugo no mapa das infraestruturas”, co desenvolvemento de actuacións “crave” para o futuro da provincia.

Seguindo a liña do resto de delegacións provinciais, o tres puxeron en valor as actuacións en materia económica, como o incremento das pensións, “fronte a un PP que as conxelou”, que beneficiaron a 112.000 lucenses, xunto a outros 10.000 que recibiron o ingreso mínimo vital. Ademais, explicaron que 2024 pechouse cunha afiliación á Seguridade Social en Lugo de máis de 125.000 ocupados, “3.000 máis que en decembro do 2018”. En canto aos contratos indefinidos, creceron preto dun 150% no mesmo período.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...