InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo ofreceu case 46.000 comidas diarias a persoas vuelnerables...

O Concello de Lugo ofreceu case 46.000 comidas diarias a persoas vuelnerables do municipio ao longo de 2024

Atendeu a case 50 usuarios do centro de día Antonio Gandoy e aos 128 do servizo Xantar non Fogar

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo, a través da área de benestar social que dirixe Olga López, ofreceu ao longo do pasado ano 2024 un total de 45.787 comidas diarias a persoas en situación de vulnerabilidade do municipio. Entre os usuarios e usuarias desta prestación están as persoas que acoden de luns a domingo ao centro de día Antonio Gandoy, de xestión integramente municipal, e os demandantes do servizo Xantar non Fogar, que tres veces á semana reparte polas súas casas os menús para comer durante o sete días.

A edil de Benestar Social e Maiores destacou a importancia deste servizo “non só pola súa calidade nas dietas, senón por favorecer que estas persoas maiores ou en situación de vulnerabilidade poidan comer nas súas casas”.

Por iso, insistiu en que “queda demostrado o compromiso do Concello, con ese investimento anual de case 575.000 euros, para prestar este servizo aos lucenses, fronte á inoperancia da Xunta, como administración competente nesta materia”. A concelleira sostivo que o goberno local “vese obrigado a asumir estas competencias impropias” pero “faino cun servizo que ademais reforzou en 2024” introducindo melloras que redundan “non só na calidade e variabilidade dos menús”, senón tamén “nunha maior atención, con visitas das traballadoras sociais a persoas que viven soas para coñecer o seu grao de satisfacción co servizo, as súas necesidades e suxestións”.

Para acollerse no Xantar non Fogar é necesario estar empadroado en Lugo e ter informe favorable da traballadora social de ser dependente para algunha das tarefas da vida diaria que impida a realización das actividades que supoñen a preparación de comidas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Asociación Veciñal As Carballeiras exixe a reparación urxente de dúas marquesiñas de autobús en Lugo

A Asociación Veciñal As Carballeiras fixo pública a súa denuncia polo mal estado no...

Orzamento de 400.000 euros da Deputación para mellora de estradas e impulso do rural

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou nesta xornada novos investimentos por...

A Deputación de Lugo licitará o proxecto de ampliación do Pazo dos Deportes sen ter aínda pechado o financiamento

A Deputación de Lugo iniciará os trámites para contratar a redacción do proxecto de...

A USC recibe o Muíño de Olga para convertelo nun espazo de divulgación científica en Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará o Muíño de Olga, en Lugo, á súa...