InicioSucesosLocalizado no seu domicilio un paciente psiquiátrico fuxido do hospital de Lugo

Localizado no seu domicilio un paciente psiquiátrico fuxido do hospital de Lugo

A Policía Local atopa desorientado a un octoxenario que quería ir á estación da ITV no Polígono do Ceao

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo localizou o venres no seu domicilio a un home que se fuxiu do módulo de Psiquiatría do hospital de Lugo, onde foi levado de volta en ambulancia. Segundo informa o corpo municipal, a sala do 092 recibiu o aviso de fuga desde o 112 Galicia ás 14.15 horas da tarde. Tras as indagacións oportunas, a Policía de Barrio conseguiu atopar ao home na súa vivenda, tras o que se solicitou a presenza dunha ambulancia.

Aínda que nun principio o home negábase a colaborar, finalmente os axentes convencérono para o seu traslado ao centro hospitalario no vehículo sanitario, acompañado da Policía.

ANCIÁN DESORIENTADO

Ademais, ás 9.30 horas do mesmo día, o corpo local localizou na rúa desorientado a un home maior, de 83 anos, que pedía indicacións para chegar á estación da ITV no Polígono do Ceao. Tras recibir a alerta por parte dun cidadán, os axentes atoparon ao octoxenario e acompañárono ata o seu lugar de destino. Con todo, tras comprobar que o ancián “non mantiña as condicións psicofísicas necesarias” para obter o carné de conducir, elaboraron a acta coa proposta dunha revisión médica extraordinaria.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...