InicioSociedadeA Deputación presenta un plan invernal para estradas con 420 toneladas de...

A Deputación presenta un plan invernal para estradas con 420 toneladas de sal e 112 traballadores

En concreto, os depósitos atoparanse nos municipios de: Ourol, O Valadouro, Riotorto, Lugo, Becerreá, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, A Fonsagrada e Ribas de Sil

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este mércores en Pedrafita do Cebreiro o Plan de Vialidad Invernal para esta tempada 2024-2025, que incluirá 420 toneladas de sal e 112 operarios á disposición dos 67 municipios que integran a provincia.

Así, o Goberno provincial explicou que esta totalidade estará repartida en 12 silos, de 35 toneladas cada un e que se situarán ao longo da rede viaria lucense para “garantir unha resposta áxil e eficaz ante as incidencias que poidan xurdir polas inclemencias meteorolóxicas”.

En concreto, os depósitos atoparanse nos municipios de: Ourol, O Valadouro, Riotorto, Lugo, Becerreá, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, A Fonsagrada e Ribas de Sil.

Así mesmo, a través dunha nota de prensa, a Deputación lucense comunicou que a campaña contará con 112 operarios, 64 máquinas e 8 empresas especializadas en conservación e mantemento.

Ademais, Tomé Roca lembrou que “a mellora da mobilidade é unha das liñas de actuación prioritarias da Deputación” e que o investimento en estradas pola súa banda subiu “máis de 13 millóns de euros no últimos seis anos”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...