InicioLugo e contornaLugoDetido por violencia de xénero un veciño de Lugo despois de que...

Detido por violencia de xénero un veciño de Lugo despois de que unha das súas fillas alertase á Policía desde Sevilla

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un veciño da cidade como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras acudir ao domicilio despois de recibir un aviso dunha das fillas da parella, que chamou á Policía Local desde Sevilla.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un veciño da cidade como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras acudir ao domicilio despois de recibir un aviso dunha das fillas da parella, que chamou á Policía Local desde Sevilla. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do pasado domingo, cando o 092 recibiu unha chamada telefónica desde Sevilla, na que unha muller alertaba de que a súa nai estaba a ser agredida nun domicilio de Lugo.

Ata a vivenda trasladáronse dúas dotacións policiais que, ao chegar, escoitaron unha forte discusión desde o exterior, e a voz dun home proferindo insultos. Os axentes foron recibidos no domicilio por outro home, irmán do presunto agresor, que estaba a tratar de separar á parella. Así mesmo, tamén estaban presentes dous fillos menores da parella, de 10 e 15 anos de idade.

Os funcionarios entrevistáronse por separado con ambas as partes, e a muller sinalou que viña sufrindo malos tratos físicos e psicolóxicos desde facía tempo, unha versión que corroboraron os seus fillos. A nai e os menores foron trasladados a un centro sanitario. Mentres, os axentes procederon á detención do home, que tamén foi evacuado a un centro médico, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...