InicioLugo e contornaLugoDetidos en Lugo e Sarria por fraudes en vendas en Internet

Detidos en Lugo e Sarria por fraudes en vendas en Internet

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous veciños do municipio lucense de Sarria e outro de Lugo capital foron detidos por realizar vendas fraudulentas a través de Internet de produtos que nunca enviaban.

Os detidos estafaban aos clientes anunciando produtos na rede que resultaban ser falsos. Supostamente, engaban ás vítimas e cando estes realizaban a compra enviaban caixas cheas de tacos de madeira mediante empresas de mensaxería en lugar do anunciado.

Esta operación da Garda Civil realizouna en colaboración con outras unidades tras denuncias interpostas nos municipios lucenses de Baralla e Burela, así como en La Algaba (Sevilla) e La Nava de Santiago (Badaxoz). Os tres detidos —que teñen 23, 53 e 65 anos— enfróntanse a delitos de estafa, apropiación indebida e usurpación, segundo informa este xoves a Garda Civil.

 

ÚLTIMAS

Sae a subasta por case 800.000 euros o local da centenaria pastelaría Madarro de Lugo

A Sección Civil de Execución do Tribunal de Instancia de Lugo dirixe a poxa...

O BNG pedirá no Congreso melloras no servizo de Correos na comarca de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas para reclamar ao...

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...