InicioSociedadeA Deputación de Lugo prepara as obras do Parque de Galicia, en...

A Deputación de Lugo prepara as obras do Parque de Galicia, en Antas de Ulla

PUBLICADA O

- Advertisement -

As obras do Parque Central de Galicia, que se sitúan no centro xeográfico de Galicia, darán comezo nas próximas semanas, como anunciou este xoves o presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, durante unha visita aos terreos nos que a institución provincial investiu 1,3 millóns de euros.

O mandatario provincial, xunto á alcaldesa de Antas e deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, visitou este xoves os terreos tras asinar o contrato con UTE Ovisa-Provisa, a empresa adxudicataria. Tomei Roca asegurou que despois de adxudicar e asinar o contrato e a licenza municipal agora están “en condicións” para empezar a traballar neste espazo público en Nugallás, que conta cunha superficie de 20.000 m2.

Tamén destacou que esta obra, cuxo prazo de execución reduciuse a cinco meses, ten por obxectivo “pór en valor” o Centro Xeográfico galego para “convertelo” nun polo turístico, así como en exercer de “revulsivo económico e social”, tanto para Antas de Ulla e a comarca de Ulloa, como para o resto da provincia de Lugo. Segundo declarou presidente provincial, trátase dun día “moi satisfactorio” porque “por fin” deron o último paso dun proxecto que a deputación empezou fai catro ano. Nesta liña, tamén quixo denunciar as “pedras no camiño” e “peripecias” para “chegar” a este momento.

ESPAZO DE LECER NO CENTRO DE GALICIA

O proxecto do Parque de Galicia incluirá un pórtico de entrada, unha praza, un parque infantil ou varias fontes. Tamén contará cun edificio multiusos e un monólito situado nas coordenadas que indican a “posición exacta” do centro da comunidade galega. Ademais, crearase un espazo de lecer para familias, excursións escolares ou para o desarollo de actividades ao aire libre. A deputación xa empezou a acondicionar estes espazos e a construír un aparcadoiro.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...