InicioEconomíaA planta de transferencia de residuos de Riotorto comezará a funcionar este...

A planta de transferencia de residuos de Riotorto comezará a funcionar este luns

Substitúe á antiga microplanta localizada no mesmo concello

PUBLICADA O

- Advertisement -

A nova planta de transferencia de residuos de Riotorto, construída pola Xunta de Galicia cun investimento de máis de 2 millóns de euros, entrará en funcionamento este luns, 1 de xullo.

Así o anunciou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, quen se achegou ata o municipio lucense para coñecer as instalacións, cunha capacidade de tratamento de 7.500 toneladas de refugallos urbanos ao ano.

As novas instalacións darán servizo desde o primeiro momento aos concellos de Abadín, A Pastoriza, A Pontenova, Meira e Trabada, ademais de Riotorto, que suman unha poboación de máis de 15.500 habitantes.

A conselleira subliña que só queda por entrar en funcionamento a planta de Vigo — que está a ser remodelada para poder acoller biorresiduos urbanos– das 17 infraestruturas que conforman a rede galega para a valorización de materia orgánica.

Esta infraestrutura substitúe á antiga microplanta localizada tamén en Riotorto, con capacidade para tratar tan só os residuos procedentes do colector xenérico.

As novas instalacións están preparadas para transvasar o tres fraccións que recibe a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama): “Envases de plástico, latas e bricks (bolsa amarela); fracción resto (bolsa negra) e materia orgánica (bolsa marrón)”. Despois transfírese á planta de compostaxe de Cervo.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...