InicioLugo e contornaLugoO BNG reclama ao Goberno actuacións para "mellorar e modernizar" servizos ferroviarios

O BNG reclama ao Goberno actuacións para “mellorar e modernizar” servizos ferroviarios

No marco dunha campaña con iniciativas nas Cortes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG reclamou ao Goberno actuacións para “mellorar e modernizar” servizos ferroviarios en Lugo, no marco dunha campaña con iniciativas nas Cortes.

Trátase da campaña ‘Lugo Quere Tren’ na que se demandan máis actuacións no ámbito dos servizos ferroviarios na provincia de Lugo.

Entre as iniciativas, o deputado nacionalista Néstor Rego pide que se concrete o estado de licitación do estudo sobre a variante ferroviaria entre Lugo e Santiago.

“Para impulsar a conexión que o BNG incluíu no Acordo de Investidura”, apuntan os nacionalistas, que esixen tamén ao Ministerio de Transportes “rectificar a decisión de suprimir o Intercity das 08,45 horas e repor servizos e frecuencias existentes antes da pandemia”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...