InicioLugo e contornaLugoA ANPA do CEIP Albeiros solicita a "revisión dos protocolos" tras o...

A ANPA do CEIP Albeiros solicita a “revisión dos protocolos” tras o presunto caso de abuso

O detido pasará a disposición xudicial nas próximas horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

ANPA do CEIP Albeiros de Lugo, o colexio onde impartía clases o profesor investigado por abusar presuntamente de nove alumnas menores de dez anos ata a súa detención a xornada do mércores –e que pasará a disposición xudicial nas próximas horas– solicitou nunha reunión de urxencia celebrada na tarde do xoves a “revisión dos protocolos” de actuación do centro educativo.

Nun longo encontro, que se prolongou durante máis de dúas horas e no que tomaron parte máis dun centenar de nais e pais, representantes do equipo directivo e docente do colexio e o xefe do Servizo Territorial de Inspección Educativa de Lugo, os familiares das nenas denunciaron a falta de “comunicación e transparencia” evidenciada durante a xestión da situación e puxeron en dúbida a “boa praxe” do centro á hora de activar os protocolos.

Na reunión, que se desenvolveu de maneira “moi civilizada” a pesar da gravidade dos feitos e ao clima de crispación imperante nas instalacións do centro educativo –puntualizaron desde a ANPA nun comunicado–, o xefe de Inspección Educativa explicou os pormenores do procedemento xudicial e administrativo que se atopa actualmente en curso, o que provocou a indignación e o enfado dalgúns dos asistentes.

APOIO PSICOLÓXICO

Na súa quenda de intervención, os pais e nais dos alumnos do CEIP Albeiros solicitaron a Inspección Educativa, que enviará un equipo técnico ao colexio para completar a investigación administrativa, a posta a disposición dos alumnos dun servizo de asistencia, orientación e apoio psicolóxico.

A Asociación de nais e pais de alumnos, ANPA, do colexio lucense trasladou tras a reunión o seu “total apoio ás familias directamente afectadas” polo sucedido pero fixo un chamamento, ao mesmo tempo, a “respectar” todos os procedementos xudiciais e administrativos en curso.

O docente detido, ao que non fixo alusión de maneira directa a ANPA no seu comunicado, pasará a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo este venres, unha vez que a Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional que dirixe a investigación dea por completado o seu expediente.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...