InicioCulturaO teatro volve ao cemiterio de San Froilán este mércores

O teatro volve ao cemiterio de San Froilán este mércores

A representación de Don Juanín, dirixida e adaptada por Paloma Luxilde, é de balde mais require retirar invitación na Sección de Cemiterios

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cemiterio municipal de San Froilán volve a acoller teatro este mércores, 12 de decembro, coa interpretación de Don Juanín. A intervención, dirixida e adaptada por Paloma Luxilde, será a partir das 18.45 horas, a cargo de Malala Teatro e Escola Palimoco Teatro.

É unha actividade gratuíta, pero cómpre retirar previamente a invitación para o teatro na Sección de Cemiterios (Ronda da Muralla, 197). A recollida destes convites farase martes e o propio mércores, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ata completar aforo. Enmárcase ademais dentro dos actos cos que o Concello conmemora o 70 aniversario do camposanto lucense.

Escola Palimoco Teatro
Escola Palimoco Teatro

A concelleira de Concello e Cidadanaía, Rosana Rielo, convidou á veciñanza a asistir a esta representación, que se engade ás diversas actividades culturais que os grupos teatrais de Lugo veñen de realizar no cemiterio de San Froilán nos últimos tempos, co apoio do Concello.

Estes eventos configuran o camposanto como “un interesante espazo escénico de interpretación e expresión artística, que ademais proporciona unha excepcional harmonía, calma e silencio”, elementos de indiscutible valor para unha mellor apreciación e percepción de calquera obra de teatro.

O cemiterio de San Froilán, a historia da cidade a través dos mortos

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...