InicioLugo e contornaLugoO BNG realiza unha caravana reivindicativa para demandar o arranxo das estradas...

O BNG realiza unha caravana reivindicativa para demandar o arranxo das estradas da provincia

Ante a "falta de compromiso e de investimento" por parte do Goberno central.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG realizou este sábado unha caravana reivindicativa desde Lugo ata Becerreá para demandar a mellora das infraestruturas viarias de titularidade estatal da provincia lucense ante a “falta de compromiso e de investimento” por parte do Goberno central.

En concreto, piden ao Ministerio de Transportes que leve a cabo as actuacións necesarias para mellorar o firme e mellorar a seguridade viaria na autovía A-6 e as estradas N-V, N-540, N-640 e N-120.

Este acto enmárcase na campaña dos nacionalistas ‘Arranxo XA dás nosas estradas’ para reclamar o arranxo destas infraestruturas a través de iniciativas institucionais compasadas co apoio social.

“A A-6 e as N-V, N-540, N-640 e N-120 son infraestruturas esenciais e estratéxicas para garantir o desenvolvemento social e económico das comarcas lucenses. Con todo, o estado actual deixa moito que desexar e mesmo diminúe a seguridade viaria en estradas polas que circulan diariamente centos de vehículos”, denunciou o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego.

Pola súa banda, o tenente de alcaldesa de Lugo, Rubén Arroxo, lembrou que as comarcas lucenses sofren “illamento con serios problemas de comunicación, tanto a nivel ferroviario como por estrada”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...